-
-
Visitas: 974
Dúas probas disputaránse este fin de semana en Galicia. A primeira será o 51 Rallye de Ferrol, proba valedeira para o Supercampeonato de España de Rallyes de Asfalto (S-CER). Esta proba ten a particularidade de que para asistir os treitos deberá realizarse un rexistro previo debido os problemas xerados polo Covid-19.
A segunda proba será a disputa da XXII Subida a Saleta (O Carballiño), proba valedeira para o Campionato Galego de Montaña.
En amba-las dúas probas, esta escudería vos anima a que cumplades as normas establecidas polos protocolos de seguridade das probas.
E varios pilotos da Escudería Surco estarán na saída de estas probas, comenzamos con dous pilotos que tomarán a saída no Rallye de Ferrol:
- Co dorsal 32 na súa porta sairá Pablo Pazó acompañado a súa dereita de Ezequiel Salgueiro, participando na Copa Suzuki co seu habitual Suzuki Swifit.
- Jose Calvar e Eva Costas voltarán a dar espectáculo co seu Seat Marbella co dorsal 70 nas suas portas.
Xa na Subida a Saleta, teremos outros dous equipos:
- Samuel Rodríguez debutará no Campionato Galego de Montaña co seu Peugeot 206.
- Marcos Ledo e Marisa Lagos saírán nun Citroén AX, participando en Regularidade sport 80.
Moita sorte a todos os equipos, agradecendolles que saian pola nosa Escudería nas distintas probas nas que participan.