­

Ultimas Novas

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

 

🏁 Esta fin de semana volven as carreiras a Galicia.
Co 1 Rallysprint de Piñor dará comezo unha nova tempada automovilística en Galicia e con el comezará o recentemente creado Campionato Galego de Rallysprint.
A continuación presentamos os distintos equipos que defenderán as cores do Surco nesta proba: 👇🏻
Nº 3 Jose Antonio Groba - Daniel Gonzalez / Suzuki Swift N5
Nº 24 Isaac Duran - Hugo Varela / Peugeot 206 XS
Nº 41 Borja Acuña - Roberto Nicolao / Peugeot 206
Nº 73 Federico Lorenzo - Eloy Lorenzo / Opel Adam 1.6 CUP
Nº 82 Iago Garcia - Elias Gonzalez / Peugeot 107
Salientar que o noso piloto Oscar Chamorro Lopez, neste primeiro Rallysprint de Piñor pasarase o asento dereito, sendo o copiloto de Ismael Fernandez Sotelo da Escuderia Galicia Motorsport que sairan na posicion nº 28
 
 
 
 
 
 
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Boas tardes.

Xa temos dispoñible a licenza de concursante para esta tempada.
Se queres participar coa nosa Escuderia, non o dubides e contacta connosco, e lembra que este ano ser concursante de Surco ten descontos e vantaxes.
Agardámosvos!!
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Boas tardes.

Hoxe o Faro de Vigo fíxose eco da gala que imos celebrar o próximo 24 de febreiro no auditorio do Concello de Salceda de Caselas.
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

No dia de hoxe a Escuderia Surco ven de conseguir os acordos cos dous ultimos concellos que nos quedaban, dando asi a benvida outro ano mais o Concello de Covelo, co seu alcalde Juan Pablo Castillo Amigo, sendo Covelo o inicio dun treito xa mitico dentro do programa do Rally Sur do Condado, ademais este ano repetiremos control de paso na Praza Mestre Cerviño do Concello de Covelo.

Por outra banda tamen nos reunimos con a outra parte do treito que e o Concello de Mondariz dirixida pola Alcaldesa en funcions dona Elena Naveira Amoedo, que outro ano mais este concello sera o remate de este treito voltando asi a facer o control horario na praza de Mondariz.

Dende a Escuderia Surco, queremos agradecer a estes  dous concellos e os outros seis que conforman o intinerario da proba, que ano a ano nos esten apoiando, asi como a Deputacion de Pontevedra, Xunta de Galicia, Secretaria Xeral para o Deporte, Potreccion Civil, e os Corpos e Forzas de seguridade do Estado. 

­