¡¡¡ Xa está aquí un ano mais !!!
¡ Por fin poderemos desfrutar do rally de regularidade que todos esperamos cada ano !
Presentámosvos a placa e o Cartel Oficial do XIV rally de regularidade Moucho do Condado 2021
Éste ano contamos ca colaboración de Recambios del Campo, un dos patrocinadores que nos últimos anos máis e máis nos vai prestando axuda, e tamén temos o pracer de ter a SEAT Sermiño mais a Gumerjo como patrocinadores que se suman ao evento igual que o fan cando é o Sur do Condado, e a Área de Servicio Quintáns como centro neurálxico da proba
Xa o sabedes, o 20 de novembro tedes unha cita co rally mais complicado da zona, onde a chuvia, a néboa e a noite sempre fan das súas para poñerllelo difícil aos participantes.
Lembramos, para quen non o saiba aínda, que no rally de regularidade Moucho do Condado pode participar CALQUERA coche clásico, histórico ou moderno, sempre e cando cumpra con todos os requisitos da circulación normal que esixe a lei (seguro en vigor, itv, permiso de circulación de alta e condutor con carnet vixente).
Nos vindeiros días publicaremos máis novas e outras novidades que temos preparadas,
Consulta as ultimas novidades que iremos publicando en canto dispoñamos de elas
¡¡¡ Atentos !!!