Dani Sordo e Cándido Carrera firmaron un fantástico 2º posto no rally de Azores, do ERC (Campionato Europeo), tras unha bonita loita con Mikkelsen.
Nesta ocasión, aos mandos do Hyundai i20 R5, o piloto cántabro e o copiloto galego sumaban importantes quilómetros baixo as cores de MRF Tyres.