­
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

290621lareuOutro rallye rematado sen maiores inconvenientes para o equipo Surco formado por Ivan Lareu e o seu copiloto Jose Ignacio Varela.
Pese á gran cantidade de abandonos, ambos conduciron o Corsa ata o final do rallye, disfrutando dos rápidos treitos que formaban parte da segunda proba puntuable do galego de rallyes


Verémolos de novo en acción en dúas semanas, no rallye da casa, o Sur do Condado
Foto: LMCB PHOTO

 

290621diegorivero

Os pilotos Surco Diego Riveiro Romero e Jose Juan Lorenzo remataban sextos no Volante FGA PXP 21 na pasada cita pontevedresa


Un bo resultado para o actual comezo de campaña que promete estar moi competida no caso das copas de promoción

 

 

290621samuelrodirguez

Problemas mecánicos e unha penalización botaban por terra as opcións na loita pola PirelliAMF da dupla formada por Samuel Rodríguez e Ricardo González.


Os danos nos baixos do seu 206 RC obligáronos a levantar gas na parte final do rallye, mais seguro que esta experiencia lles permitirá sair con moitas máis ganas no Sur do Condado os vindeiros 9 e 10 de xullo.

Noraboa por rematar unha proba tan dura rapaces!

 

290621yonathanOutro dos equipos Surco que remataba en Pontevedra era o formado por Yonathan Otero e Daniel Pazó, quenes levaron o seu 106 Rallye ata a meta do último treito, clasificando na posición 45 da xeral, quedando por diante de moitos dos equipos inscritos nas copas.


Dende logo, unha actuación moi destacable e que xera expectativas de cara ao próximo Rallye Sur so Condado

Moita sorte rapaces!

 

290621manuelfontanO peugeot 205 de Manuel Fontán e Julio Monteagudo conseguía rematar a segunda proba do Campionato Galego de Rallyes


Nunha cita tan complicada, na que se produciron unha gran cantidade de abandonos, os equipos máis pequenos como este, que conseguiron chegar ao parque pechado final, poden estar moi orgullosos da súa actuación.

Noraboa rapaces!

 

290621pradoMoi chamativo o Seat Arosa co que Jose Manuel Prado e Patricia Rodríguez participaron no pasado Rallye de Pontevedra


Unha montura diferente no campionato galego que chamou á atención dos miles de afeccionados que seguiron a proba desde as cunetas e coa que o equipo, inscrito na AMF conseguiu chegar ao parque pechado final.
Remataron a proba no posto 58 da xeral e da agrupación 5
Ben feito!

 

290621sanromanTralo abandono en Coruña o equipo de Marcos Sanromán e Dani Martínez conseguía volver competir co seu atómico Citroen C2 na segunda proba do CGR


A partir de aí, lograban finalizar o rallye na 4️ª posición da clasificación da Copa Pirelli AMF MS, amosando tempos competitivos que lles permitiron recuperar sensacións tras un inicio de temporada complexo.

Perfílanse así como candidatos á victoria na loita pola AMF, que celebrará a súa terceira proba no vindeiro rally Sur do Condado

 

290621issacSegundo posto na copa Top Ten Pirelli C no Rallye de Pontevedra para o equipo ARC Competición!
A dupla formada por Isaac Durán e Hugo Varela, co seu peugeot206 , mantivo un ritmo moi forte durante toda a fin de semana na procura do primeiro posto da Top Ten que, finalmente, acabaría resistíndose, aínda que lles permitiría subir ao podio.
Á próxima carreira será a da casa, o rallyesurdocondado , no que este equipazo volverá demostrar o seu potencial e velocidade.
Bo traballo rapaces!

 

290621marcosbarrosInscrito baixo o nome da nosa escudería debutaba o Megane Coupé do equipo formado por Marcos Barros e Alberto Barros no pasado Rallye de Pontevedra.
 
Os problemas de xuventude da súa montura e a mala sorte cebáronse con eles durante toda a proba, mais conseguiron sobrepoñerse ás adversidades e conseguir rematar a cita pontevedresa.
Teñen moitas ganas de competir e de seguir sumando kilómetros, asi que estamos ansiosos de velos na seguinte proba do #CGR e de comprobar o seu verdadeiro ritmo
 
 
 
A todos os que nos gustan as carreiras sabemos o dura e inxusta que pode chegar a ser a competición.
Unha simple avaría ou saída de pista é capaz de botar por terra a ilusión coa que cada un dos equipos afronta cada fin de semana de carreiras.
 
Houbo varios equipos Surco que, por desgraza, non conseguiron rematar o Rallye de Pontevedra, como son o caso das duplas que ilustran, coas suas monturas, este post.
 
Desexámoslles polo tanto a mellor das sortes no #Rallyesurdocondado no que o darán todo para acabar o mais alto posible na clasificación.
Animo equipos!!
 
 
 
Abel Pampillón - Pablo Gregorio
 

Mitsubishi Evo IX
 
 
 
290621gayoso
 
Iago Gayoso - Iago García
 

Bmw 325 E36
 
 
 
290621hugo
 
 
Hugo Conde - Manuel Bouzón
 

Peugeot 206 RC
 
 
 
290621abel
 
 
Abel García - Brian Garrido
 
Renault Clio Sport
 
 
 
 
290621diegootero
 
Diego Otero - Adrián Salgueiro
 
 
Bmw 325 E36
 
 
 
CGR2021
 
­