­
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

260521sanroman

Marcos Rodríguez Sanromán e Daniel Rodríguez Moreira co seu C2 GT, que na tempada pasada foron claros cabezas de carreira na copa Top ten B, acadando o 3° posto, sairán éste ano a pola copa AMF MS no próximo rally de A Coruña co dorsal 80.

¡¡¡ Non lles perdades ollo !!!


260521diegootero

¡¡¡ Tamén eles estarán alí !!! Na Coruña! Co dorsal 113 dende Gondomar, Diego Otero e Adrián Salgueiro con renovadas cores a bordo do seu BMW 325i E36. 

¡¡¡ Moito ánimo !!!


260521diegoromero
 
Co dorsal 66 nas portas e competindo na copa Volante FGA - PXP21 estarán Diego Riveiro e José Juan Lorenzo co seu Citroën C2 GT. Ésta fin de semana defenderán as cores de Surco no rally de A Coruña do campionato galego de asfalto. Moita sorte amigos!!!

260521ivanlareu
.
¡¡¡ Iván Lareu non para !!! Aínda que nesta ocasión Iovana non o acompaña a súa dereita, senón que será sustituida por Abel García, pois saen co dorsal 152 no mítico Opel Corsa 1.3 GT ésta fin de semana no rally de A Coruña. 
 
¡¡¡ Moita sorte rapaces !!!

260521paulinocalleja
 
Levábamos tempo sen velos correr polos treitos, pero están de volta! Pau Calleja e Bel Rivas tomarán a saída no rally de A Coruña co dorsal 121, a bordo do seu Alacrán, como lle chaman eles, un Fiat Grande Punto Abarth Evo.
¡¡¡ Forza e sorte amigos !!!
 
 
 
­