-
-
Visitas: 977
Fin de semana na que se disputou o 42º Rallye de San Froilán, proba valedeira para o Campionato Galego de Rallyes.
E estes foron os resultados dos nosos equipos:
Grandes sensacions para Marcos Sanroman e Pablo Gregorio dentro da Pirelli-Driver Top Ten B, onde remataron na 3° posición . Logo de unha bonita loita con Dani Castro acadaron o 1° posto da Agrupación 4 e 16ª na Xeral na súa primeira participación no Rallye San Froilan.
¡¡ Noraboa equipazo !!!
Moi contentos remataron o rallye San Froilan Angel Martínez e Cristina Graña. Pese a ser a súa 1ª participación neste rallye onde se divertiron e conseguiron levar a meta o seu Ibiza ó ultimo parque, dende logo toda un mérito para este equipo. 44º posto na xeral e 10º da Agrupación 3.
¡¡ Este e o camiño a seguir !!!
Mágoa do abandono de Samuel Rodríguez e Crístian Rodríguez por culpa da rotura de unha correa. Disfrutaron a tope dos treitos que correron, pero iso sí, ¡a ilusión e as ganas de seguir disfrutando das carreiras non a perden!. ¿Cal sera a seguinte proba?....
¡¡ De seguro que na seguinte terán máis sorte !!
Tamén tivemos proba do SCER-Virtual, ca disputa do Rallye RACC, e na que se presentaban 2 equipos da Escudería co resultados seguintes:
Pese a un arranque difícil na xornada do sábado , onde coller notas nun tramo de 27 kms. en só 50 minutos non foi doado, obxetivo logrado pola parexa formada por Eliot Gómez Solla e Uxía Carballo Carrera que lograron un gran resultado finalizando en 5ª posición na R3T a tan só 40 segundos do podio e con unha participación 30 equipos.
¡¡Noraboa equipo!!
Pese a ter que solicitar o super rallye tras volcar co seu M3, Kike Blanco logrou unha fantástica remontada e rematou na zona de puntos de cara o campionato, ademáis de atopar boas sensacions coa sua nova montura de bonita decoración.
¡¡ Noraboa !!