­
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Este fin de semana, celebrase a 2ª proba do Campionato galego de Rallies, o 42º Rallye de San Froilán, estando a Escudería Surco representada polos seguintes pilotos:

MARCOS RODRIGUEZ SANROMAN - PABLO GREGORIO PUGA

Co dorsal 22 sairá Marcos Sanroman acompañado a dereita por Pablo Gregorio os cales loitarán por estar o mais arriba posible na Pirelli-Driver Top Ten B.


ANGEL MARTINEZ CONDE -CRISTINA GRAÑA GARCIA

Angel Martínez xunto a Cristina Graña tamén estarán na saída do rallye San Froilan no cal sairan a disfrutar e rematar o rallye. Sairán co dorsal 89.


SAMUEL RODRIGUEZ BERNARDEZ - CRISTIAN RODRIGUEZ VARCARCEL

Co dorsal 96 nas portas do seu Peugeot 206 RC, Samuel Rodríguez xunto a Cristian Rodríguez estarán na saída da que será a 2ª proba do campionato galego de rallyes.

Logo Rallyes 2020 sanfroilan
sentidino

 

Podes atopar máis información sobre este rallye na súa web oficial

 https://rallyesanfroilan.wordpress.com/


ELLIOT GOMEZ SOLLA - UXIA CARBALLO CARRERA

Comenza a 2° metade da tempada no Scer-Virtual para esta dupla formada por Eliot Gómez Solla e Uxía Carballo Carrera, onde neste rallye Racc o obxetivo será estar entre os 5 primeiros dos R3T.


KIKE BLANCO

Este fin de semana tamén se vai a celebrar unha nova proba do Scer-Virtual, co rallye Racc.
Kike blanco aparca o Escort MKI para estrear o BMW M3 onde espera estar o máis arriba posible.

¡¡ Moita sorte a todos eles !!

­