­

Últimas novas

Dispoñible a licencia de concursante da Escuderia Surco

Boas tardes.

Xa temos dispoñible a licenza de concursante para esta tempada.
Se queres participar coa nosa Escuderia, non o dubides e contacta connosco, e lembra que este ano ser concursante de Surco ten descontos e vantaxes.
Agardámosvos!!

2ª Gala Surco 2024, en Salceda de Caselas

Boas tardes.

Hoxe o Faro de Vigo fíxose eco da gala que imos celebrar o próximo 24 de febreiro no auditorio do Concello de Salceda de Caselas.

Con Covelo e Mondariz o XX Rally Sur do Condado xa empeza a coller forma

No dia de hoxe a Escuderia Surco ven de conseguir os acordos cos dous ultimos concellos que nos quedaban, dando asi a benvida outro ano mais o Concello de Covelo, co seu alcalde Juan Pablo Castillo Amigo, sendo Covelo o inicio dun treito xa mitico dentro do programa do Rally Sur do Condado, ademais este ano repetiremos control de paso na Praza Mestre Cerviño do Concello de Covelo.

Por outra banda tamen nos reunimos con a outra parte do treito que e o Concello de Mondariz dirixida pola Alcaldesa en funcions dona Elena Naveira Amoedo, que outro ano mais este concello sera o remate de este treito voltando asi a facer o control horario na praza de Mondariz.

Dende a Escuderia Surco, queremos agradecer a estes  dous concellos e os outros seis que conforman o intinerario da proba, que ano a ano nos esten apoiando, asi como a Deputacion de Pontevedra, Xunta de Galicia, Secretaria Xeral para o Deporte, Potreccion Civil, e os Corpos e Forzas de seguridade do Estado. 

Salvaterra de Miño seguira un ano mais apoiando o Rally Sur do Condado

Como non podia faltar hoxe estivemos reunidos co Concello que viu nacer e crecer tanto a Escuderia Surco, e o Rally Sur do Condado, e tamen ser o anfitrion ano a ano deste gran evento dende hai 20 anos, o cal nos referimos o Concello de Salvaterra de Miño, e a sua Alcaldesa Marta Valcárcel Gómez, para confirmarnos que outro ano mais o apoio do Concello o que Marta representa, o cal nos sentimos moi agradecidos tanto o Concello, a sua Alcaldesa, e a todos os veciños de este Concello que ano a ano, durante o segundo fin de semana de xullo perturvamos a sua tranquilidade co Rally Sur do Condado e a sua vez o acollen con moita paciencia e cariño, a todos dende Surco moitas gracias.

neste 2024, vamos presentar moitas novedades tanto no recorrido como na estructura da proba, pero si que manteremos o parque de traballo na Rua Miño e na zona do Pavillon Candido Carrera, a novidade que tera dito parque sera este ano a implantacion dunha zona de refueling para que os equipos que non voten gasolina nas estacions de sercios, teñan un sitio delimitado para porder encher os seus depositos, este ano a novedade mais grande da proba centrarase no Recinto das Murallas de Salvaterra onde trasladaremos a presentacion do Rally Sur do Condado, Direccion de Carreira a Casa do Conde ou Biblioteca Municipal, cerimonia de saida, cerimonia de chegada, o parque pechado, e a entrega de premios, todo eso entre os dias 12,13, e 14 de xullo de 2024, e para rematar o treito de Salvaterra que se disputara na xornada da tarde como estes ultimos anos, o cal vai sufrir unha gran modificacion que se desvelara en canto se este achegando o Rally.

A Escuderia Surco segue traballando para o Sur do Condado 2024

Dous dias intensos en casa Surco, comenzando no dia de onte no Concello de As Neves reunindonos co Alcalde de Jose Manuel Alonso, e Ana Duran a Concelleira de Deportes e servicios sociais, temos o gusto de  anunciar que este 2024 este Concello fai unha aposta forte polo Rally Sur do Condado, continuando co control horario na Praza do Concecello de As Neves, e cunha gran novidade que iremos desvelando nas vindeiras datas en canto teñamos diseñado o XX Rally Sur do Condado.

No dia de hoxe reunimonos no Concello de Ponteareas, con Luis Rodriguez Cerdeira Concelleiro de Deportes de Ponteareas, para ultimar con detalle a posta de largo do rally por dito concello, cunha aposta forte polo deporte de motor, coa novidade dunha nova variante no treito que viñamos facendo ata o de agora inedita ata o de agora na nosa proba, e tamen a realización dun control horario diante do Concello de Ponteareas.

Para rematar a Escuderia Surco reuniuse esta maña na Sede da Deputacion Provincial de Pontevedra en Vigo, con Marta Fernández Tapias Deputada de Cultura e Deportes, o cal nos amosamos moi contentos, e porque dita reunion conseguimos que a Deputacion de Pontevedra faga unha aposta clara polo noso deporte e como non polo noso rally, facendo unha aposta clara por apoiar o noso proxecto, e axudar a levalo a cabo.

Dende a Escuderia Surco queremos agradecer a todas as institucion publicas polo apoio que nos dan a nosa proba deportiva, pola implicacion do noso porxecto,  porque ven que a nosa Escuderia quere seguir traballando por facer que este deporte chegue cada dia a mais xente, e creza o numero de Pilotos na zona do Condado ano tras ano, porque o noso unico interese e facer automobilismo.

­