Máis Talento Motor

Este pasado domingo celebrouse no circuíto da Madalena, en Forcarei, a selección de pilotos Máis Talento Motor promovida pola Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Automovilismo, na que competiron 34 aspirantes, quedando o podio final formado por dous pilotos da nosa Escudería, Iago García e Eliot Gomez, sendo Yago Martinez veciño de Salvaterra de Miño o vencedor.

Isto demostra a gran afición polo mundo do motor e o gran nivel que temos na nosa contorna.

 Clasificación final:

1º  Yago Martínez

2º - Iago García

3º - Eliot Gómez deputacio24n

 

270502
270501

!Sorteo Experiencia Copilotaxe!

!Sorteo Experiencia Copilotaxe!
 
Con motivo do 20 aniversario do Rally Sur do Condado lanzamos o sorteo dunha experiencia de copilotaxe na primeira pasada do Shakedown do Rally Sur do Condado 2024 con Marcos Sanroman no seu Renault Clio Rally 5.
 
 Como participar, moi sinxelo a partir de hoxe están á venda as rifas por un prezo de 2€.
 
O número gañador será o que coincida cos tres últimos números do sorteo da ONCE do 5 de xullo de 2024.
 
Puntos de venda:
- Zapatería Togui (Salvaterra de Miño)
 

Resultados Rallysprint de Silleda

 
 Esta pasada fin de semana celebrouse o Rally Sprint Concello de Silleda, segunda proba puntuable para o Campionato Galego de Rally Sprint, representando a Surco tivemos tres equipos acadando os seguintes resultados:
 
Jose Antonio Groba e Daniel González Castro despois de moitos problemas, remataron 23 da xeral e 4 da agrupación extra.
 
Jose Antonio Lage e David González Portela remataron 65 da xeral e 6 da agrupación 5, estreando o seu Peugeot 107.
 
 Iago García Palacios e Elías González Gil remataron 59 da xeral e 4 da agrupación 5, indo de menos a mais durante toda a proba
 
 
silleda2
silleda3
silleda4

I Rallysprint Concello de Silleda

🏁 Esta fin de semana terá lugar o I Rallysprint Concello de Silleda, segunda proba puntuable para o Campionato Galego de Rallysprint que organiza a Escudería Silleda.
Defendendo as cores de Surco teremos:
 
N 5 - Jose Antonio Groba e Daniel González Castro co seu Suzuki Swift N5.
N 84 - José Antonio Lage e David González Portela estreando o seu Peugeot 107.
N 85 - Iago García Palacios e Elias González Gil co seu Peugeot 107.
 
Dende estas liñas queremos desexarvos moita sorte a todos.