Este pasado sábado celebrouse no Concello de Piñor a primeira edición do Rallysprint de Piñor,
un Campionato de nova creación realizado pola actual Federación Galega de Automovilismo, o cal tivo un gran éxito de participación tomando a saída un total de 84 equipos, entre os que houbo 5 equipos que saíron co nome da Escuderia Surco, os cales baixo as inclemencias meteorolóxicas conseguiron rematar e acadar bos resultados despois de case tres meses parados. Xa que o Rallysprint de Piñor é a primeira proba de motor que se celebra nosa comunidade.
✅ Os primeiros que destacamos son Isaac Duran Varela e Alvaro Cerqueira Souto, rematando dicimos da xeral o que lles permite afrontar con confianza a vindeira proba do Rexional Galego que será o Rallye de Noia.
✅ Os seguintes que destacamos son Federico Lorenzo González e Eloy Lorenzo Lorenzo, quenes, utilizando o seu novo Opel Adam R2 por primeira vez, lograron rematar na 39 posición xeral, un gran resultado que, sen dúbida, lles axudará a seguir adiante nas próximas probas.
✅ Iago García Palacios e Elías González Gil, estrearon un novo Peugeot 107 o cal non é unha novidade para eles xa que en 2023 competiron no Rexional de Rallys cunha unidade similar, conseguiron rematar na posición 48 da xeral, este bo resultado axudaralles a afrontar con confianza o Campionato Galego de Rallyes na Copa Criteriun.
✅ Borja Acuña Núñez e Roberto Nicolao Iglesias foron de menos a máis xa que estrearon un Peugeot 206 con moitas melloras, o cal se foron facendo a el pouco a pouco rematando 53 da xeral.
✅ Por último temos a Jose Antonio Groba e Daniel Gonzales que volveron saír co seu Suzuki Swift N5 usando esta proba a modo de test e asi poder adaptarse á súa montura de cara o inicio do Campionato Galego de Rallyes.
📸 Photo: Federación Galega de Automobilismo
https://www.rallyesurdocondado.org/