A Escuderia Surco segue traballando para o Sur do Condado 2024

Dous dias intensos en casa Surco, comenzando no dia de onte no Concello de As Neves reunindonos co Alcalde de Jose Manuel Alonso, e Ana Duran a Concelleira de Deportes e servicios sociais, temos o gusto de  anunciar que este 2024 este Concello fai unha aposta forte polo Rally Sur do Condado, continuando co control horario na Praza do Concecello de As Neves, e cunha gran novidade que iremos desvelando nas vindeiras datas en canto teñamos diseñado o XX Rally Sur do Condado.

No dia de hoxe reunimonos no Concello de Ponteareas, con Luis Rodriguez Cerdeira Concelleiro de Deportes de Ponteareas, para ultimar con detalle a posta de largo do rally por dito concello, cunha aposta forte polo deporte de motor, coa novidade dunha nova variante no treito que viñamos facendo ata o de agora inedita ata o de agora na nosa proba, e tamen a realización dun control horario diante do Concello de Ponteareas.

Para rematar a Escuderia Surco reuniuse esta maña na Sede da Deputacion Provincial de Pontevedra en Vigo, con Marta Fernández Tapias Deputada de Cultura e Deportes, o cal nos amosamos moi contentos, e porque dita reunion conseguimos que a Deputacion de Pontevedra faga unha aposta clara polo noso deporte e como non polo noso rally, facendo unha aposta clara por apoiar o noso proxecto, e axudar a levalo a cabo.

Dende a Escuderia Surco queremos agradecer a todas as institucion publicas polo apoio que nos dan a nosa proba deportiva, pola implicacion do noso proxecto,  porque ven que a nosa Escuderia quere seguir traballando por facer que este deporte chegue cada dia a mais xente, e creza o numero de Pilotos na zona do Condado ano tras ano, porque o noso unico interese e facer automobilismo.

 traballoduro1traballoduro2traballoduro3

Artígos relacionados