• 630 394 418 / 663 997 585 / 602 245 333
  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Lun - Ven 9:30-13:30 / 16:30-20:30
Calcos competición no Rally Festival Hoznayo

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Dorsal 17 nas portas do Marbella de Calcos Competición, unha honra para Surco que éste equipo humilde nos represente no Rally Festival de Hoznayo, Cantabria, rodeados de tantos coches exclusivos e míticos!!!
Eles xa se atopan facendo os recoñecementos! (Foto 2). Non esquezades etiquetar a Calcos Competición e a Escudería Surco nos vosos vídeos e fotos desta proba!! Queremos velos en acción!!!
 
Foto 1 portada: Sitorally
 
Mais info de esta proba: https://www.rallyefestival.es/
 
hoznayo
 
 
 
 
 

 
Resultados de Eliot Gómez e Uxía Carballo

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
A sorte non acompaña aos nosos xovenes talentos da simulación.
De ésta vez Eliot Gómez e Uxía Carballo quédanse sen posibilidade de toda opción ao teren que reengancharse co formato super-rally, quedando fóra da loita.
Mesmo así, continúan na 7ª posición da Peugeot rally cup Ibérica tralo Princesa de Asturias.
 
¡¡¡Moitos ánimos para as seguintes probas rapaces!!!

Resultados Leticia- María no Rallye Mariña Lucense

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Rally rematado para as nosas campionas!

O equipo íntegramente feminino de Tui, formado pola piloto Leticia López Rivas e a copiloto María Martínez rematan a proba de Viveiro,

o III rally Mariña Lucense e acadan o 5° posto no Volante FGA PXP21, a 3ª plaza na agrupación 5 e a victoria no Open Gadis Donas.

¡¡¡ Bravo !!!


  • Xente Surco no Rallye Mariña Lucense
  • Xente Surco no Rallye Mariña Lucense
  • Xente Surco no Rallye Mariña Lucense
  • Xente Surco no Rallye Mariña Lucense
  • Xente Surco no Rallye Mariña Lucense

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Hai que lembrarse dos que fan isto posible!
Os nosos cronometradores fixeron unha labor excelente durante o III rally Mariña Lucense tanto en reagrupamento, como asistencia e tamén no treito de Vicedo.
Aquí unhas imaxes de algúns deles para a memoria!
 
E tamén tremendas fotografías de Yago Benitez Photography, ¡¡ grazas por capturar estes intres!!

Eliot Gómez e Uxía Carballo no CEvirtual

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Turno para os rallies virtuais.
 
Ésta fin de semana, os nosos xóvenes talentos e á vez pupilos, Eliot Gómez e Uxía Carballo voltarán sentarse xuntos tralo simulador para disputar o rally Princesa de Asturias dentro da copa Peugeot rally cup Ibérica virtual.
Comeza así a segunda parte desta tempada para o equipo do Condado, na cal buscarán repoñerse do seu último resultado acadado e recuperar postos na clasificación.
Actualmente son 7° na copa, pero a loita está aínda aberta
 
¡¡Vamos!!
 
Logo virtual

Equipo Surco no Rallye Mariña Lucense

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Só os máis valentes se enfrentan aos treitos do III rally Mariña Lucense, e as nosas campionas loitarán co seu Peugeot 107 entre os da PXP21 e o Open Donas Gadis!
Co dorsal 29, Leticia López e María Martínez serán as únicas representantes da nosa escudería na proba de Viveiro ésta fin de semana.
GASSS!!!
Foto: Jose Ángel Rodríguez Rodríguez
 

Páxina 1 de 7