Equipos Surco no Rallye Rias Altas

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

Este fin de semana terá lugar o Rallye Rías Altas de Históricos, proba valedeira para o Campionato de España de Velocidade e Regularidade de Vehículos Históricos.

Proba que se disputará os días 2 e 3 de Outubro na Provincia da Coruña na cal tomarán a saída 50 inscritos en Velocidade, 35 en Regularidade e 20 nas Copas de Promoción da RFEDA.

E entre todos estes equipos, a Escudería Surco contará con algún piloto nas 3 listas de inscritos:

Co dorsal 24 nas súas portas, teremos o debut en Velocidade, de Iago Fernández e Pablo Aguiar (tras saír na subida a Oia en Regularidade), que intentarán, si o Opel Corsa non da problemas, conseguir un bó posto indo de menos a máis durante a proba.


 

No posto 71, e xa en Regularidade teremos o equipo formado por Marcos Ledo e Marisa Luisa Lagos, que co seu AX, intentarán demostrar que o seu espectacular resultado na Subida a Oia non foi casualidade.


 

E nas Copas de promoción, teremos a Pablo Pazó xunto a Ezequiel Salgueiro que estarán na saída encuadradros dentro da copa Suzuki, onde loitarán por estar no máis alto do podium nun rallye diferente, pese a ser por 2ª vez na zona da Coruña.

Moita sorte a todos eles

 logo h

© 2020 Escuderia Surco. Feito por Bersolde. Template de JoomShaper